Saltar ao contido

Illas Formigues

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIllas Formigues
Imaxe
Tipoarquipélago Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCalella de Palafrugell, España e Palamós, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 41°51′45″N 3°11′12″L / 41.8625, 3.1867
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata

As Illas Formigues son un arquipélago formado por catro pequenos illotes situado a tres millas do porto de Palamós (Xirona), navegando rumbo norte. Están sinalizadas cun faro de luz branca consistente nun grupo de 3 escintileos cada 9 segundos e un alcance nominal de 6 millas, situado no illote da formiga gran 41º53'N 03º11'E. Cando hai mala mar, son cubertas pola auga. O nome de illas Formigues (que en catalán significa "formigas") sinala a pequeñez do arquipélago.

Os fondos das Formigues varían desde os 9 metros ata a máis de 45. Son rocas xeralmente de formación calcárea, con numerosas covas e riscos de abundante vexetación mariña, especialmente gorgonias multicolores.

En 1285 desenvólvese nas augas circundantes destas illas a denominada Batalla de Illas Formigues.